Curso de Teatro en Vigo 2026/27

Novo Curso de Teatro en Vigo. Sergio Macías e Stephy Llaryora, fundadores e socios da compañía De Ste Xeito, abren as portas da súa cocina creativa en Vigo. Un curso de teatro estable onde formarse coas mesmas mentes que levantan o telón cada semana nos principais auditorios e teatros de Galicia. Do texto ás taboas, sen filtros ni teorías baleiras. Aprende o oficio desde dentro.

De Ste Xeito é unha compañía radicada en Vigo que ao longo dos seus 8 anos de vida levou as táboas espectáculos como Loló e mamá, Running, Feminíssimas, Back up, ou Neura sumando máis de 300 representacións, principalmente en Galicia, pero tamén Asturias, Pais Vasco, Castela León e Aragón.

RESERVAS PREVIAS E MÁIS INFORMACIÓN DO NOVO CURSO DE TEATRO.
☎️ 660147486 ou 607374977 ou vía ✉️ Email: destexeitoproducciones@gmail.com
📌 Escola Arte & Danza de Vigo. (C/ Canadelo Baixo, 2A. Vigo – Nó Isaac Peral)
🔸 TEMPORALIZACIÓN:
▪️ Luns ou Martes de 20:00 a 22:00 horas a partir de setembro.
4 sesións /mes. (Nos meses que por festividades diversas non sexa posible completar as 4 sesións, será posible recuperalas de acordo co grupo e a dispoñibilidade da escola). As clases darán comezo o 7 de setembro do 2026.

Condicións do novo Curso de Teatro 2026/27 en Vigo

Durante o curso 2026/27 queremos levar, en colaboración coa escola Arte y Danza, a nosa experiencia como profesionais da cultura a todas aquelas persoas que desexen adestrarse no mundo da interpretación teatral dun xeito lúdico e creativo.

🔸 TRABALLO COLECTIVO E ATENCIÓN INDIVIDUAL:
Na nosa traxectoria como compañía, a creación colectiva é de vital importancia. Polo tanto, tentaremos favorecer a colaboración e posta en valor da diferencia coa finalidade de crear espazos de creación en liberdade e respecto.

🔸 OBXECTIVOS PRINCIPAIS:
▪️ Estimular a imaxinación e desenvolver a creatividade
▪️ Superar bloqueos de expresión e traballar a desinhibición
▪️ Desenvolver as propias capacidades e adquirir novos recursos expresivos.
>▪️ Adquirir destrezas básicas en dicción e expresión oral
▪️ Coñecer ferramentas prácticas para o análise de textos dramáticos
▪️ Traballar desde o propio corpo cada quen segundo as súas posibilidades
▪️ Adquirir dun xeito práctico e lúdico ferramentas básicas para interpretar textos dramáticos clásicos e contemporáneos.

Curso de Teatro en Vigo 2026/27

🔸 GRUPOS DE 10/12 PERSOAS (maiores de 16 anos).
Traballaremos en grupos reducidos co fin de permitir unha atención o máis individualizada posible.

🔸 PREZO: 70 euros/mes.
Non se solicita ningún pago en concepto de matrícula.
>Dado que as prazas son limitadas, solicítase unha reserva de 20 euros a descontar da primeira mensualidade. Ademáis dito pago poderá realizarse por Bizum a calquera dos números de contacto especificando NOME e RESERVA CURSO ou ben de maneira presencial nas oficinas da escola 📌 ARTE y DANZA.

🔸 PROFESORADO:
Stephy Llaryora e Sergio Macías son os encargados de impartir este curso. Formados na Real Escola Superior de Arte Dramático de Madrid acumulan 20 e 30 anos de profesión teatral. respectivamente participando en infinidade de espectáculos en compañías públicas e privadas.

CARTEL DO CURSO DE INTERPRETACIÓN 2026/27

Compartir: