RUNNING

unha suorenta comedia

Xulia e Román acaban de coñecerse e o primeiro WhatsApp non tarda en chegar: “¿Quedamos? Veña, ¡si! ¿Pero cando?”

Fillas e fillos de parellas anteriores. Nais divorciadas. Avós na residencia. Adolescentes co pavo. O pequeno coa crise dos 8. Os grandes coa dos 40, coa dos 50, coa dos 60. Clases de ioga para liberar o estrés, patinaxe artístico os luns, danza jazz os martes. E ser taxista. Das fillas, dos fillos, das fillas dos demais, do pai, da nai, da avoa, dos primos. E os deberes. Os deberes da escola e o resto de deberes. Deberes e obrigas. Coidar de todo e de todos menos dun mesmo. ¿Como facer que as axendas cadren? E por outra banda: ¿de verdade quero comezar algo novo que poida supoñer máis deberes e menos pensar nun mesmo?

Romeo e Xulieta tiñan as familias na contra dun amor prohibido. Xulia e Román aínda non saben se tanto se queren, pois as súas familias, as súas vidas, e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno.
En escena, unha actriz e un actor que terán que suar a camiseta para meterse na pel de todas as personaxes desta vertixinosa comedia.

Neste exercicio teatral, os 2 ACTORES asumimos o reto de interpretar, ademais dos dous protagonistas desta comedia, a todos os personaxes das familias dos dous e da súa contorna, con algunhas aparicións tamén de personaxes televisivos e entrevistadores para retratar o noso mundo saturado de información televisiva e cibernética. Nun total de 20 PERSONAXES entre os 2.

Trátase dunha vertixinosa peza cómica con mensaxe final… parodia da nosa ocupadísima vida actual coas súas eternas présas, ese maratón de teléfonos, móbiles, obrigacións familiares, persoais e laborais… que pretende reflexionar sobre a cabida que pode ter nesta acelerada dinámica “sempre Running” o amor, e en última instancia a relación cun mesmo.

Duración: 1 hr 15 min
Idade recomendada: +12 años
Estrea: 5 de abril de 2019
Comedia suorenta

Reproducir vídeo

O que din de RUNNING

“Una interpretación soberbia por parte de los dos, con la que nos hemos reído a carcajadas y nos hemos emocionado a partes iguales. Un magnífico e hilarante texto de Esther F. Carrodeguas que nos ha mantenido enganchados todo el tiempo.”

Toñi Caseiro

Espectadora

“A vida é unha carreira de fondo… De fondo de armario, que é o que teñen Stephy Llaryora e Sergio Macías para dar vida a preto dunha vintena de personaxes. O auditorio cheo e moitísima xente xoven desfrutando! Viva o teatro! “

Ovidio Villar

Espectador

“A grada a tope de público que desfrutou e riu a esgalla desta parodias das présas da vida actual. Stephy Llaryora desborda enerxía e Sergio Macías unha agradable facilidade e fluideza en cada acción. Running corre con todo. As personaxes corren, sen tempo para nada, con todo cargado na mochila.”

Afonso Becerra

Crítico teatral

Esther F. Carrodeguas

Dramaturxia e dirección

STEPHY LLAryora

Actriz

SERGIO MACÍAS

Actor