Quen somos

De Ste Xeito

Creada en xaneiro do 2018, a nosa produtora nace coa vocación de interpretar historias aliñadas coas nosas inquedanzas xenuínas a través dunha dramaturxia propia. Desexamos tocar ao espectador íntimamente con cada proposta xerando ao mesmo tempo pensamento crítico e emoción.

Stephy Llaryora

Titulada en Interpretación pola RESAD de Madrid, Máster en Interpretación fronte á Cámara na Central de Cine de Madrid.

Titulada en Danza Moderna pola Royal Academy of Teachers of Dancing de Inglaterra e Titulada en Guión Cómico, Stand-up Comedy na EOC de Madrid. Complementa a súa formación actoral con Arnold Taraborelli, Macarena Pombo, Olga Manzano, e no Laboratorio para Actores Fundación Shakespeare de Madrid. Realizando tamén diversos cursos de cámara na Central de Cine de Madrid con Sara Bilbatua, Carmen Utrilla, Arantxa de Juan ou Eva Lesmes entre outr@s.

No ámbito teatral podemos mencionar traballos como Mihura por Cuatro dirixida por Ángel Facio e Sergio Macías no Teatro Español de Madrid,

Loló y Mamá, Running, Feminíssimas e Backup: La Resurrección de Nuno, da súa propia produtora De Ste Xeito, que funda en 2018 xunto a Steve Domínguez en Vigo, Galicia. Produtora que desenvolve unha prolífica traxectoria desde entón con catro producións estreadas (e en xira) en cinco anos.

Mencionar entre outros traballos anteriores como actriz: La Maldición de Sesamus e La Isla de Pandora de Teatro Mutis. Así como as súas colaboracións coa compañía La Corbata Teatro nos Recitais Poéticos Generación del 27 y Poetas Malditos, e con Jana Producciones no Musical Antígona Tiene un Plan.

Paralelamente á súa vocación actoral fórmase tamén en guión cómico e a súa interpretación: “Stad – Up Comedy” e inicia en 2011 unha ampla xira no mundo da comedia a nivel nacional que comezou coa súa gravación na canle Paramount Comedy. No plano audiovisual participou na longametraxe: Las Trece Rosas dirixido por Emilio Martínez Lázaro, e noutras producións como La Duquesa Tv Movie, dirixida por Salvador Calvo ou Hermanos y Detectives dirixida por Juan Pablo Lacroze.

Steve Domínguez

Tras realizar diversas formacións en Marketing Dixital e Socialmedia comezou a traballar pola súa conta como Community Manager ao longo de moitos anos para diversas empresas principalmente relacionadas coa cultura e o lecer. Todo iso combinando a súa actividade diaria como coordinador e redactor Freelance da revista dixital Qué hacer en Vigo? (2008- 2018) )

Actualmente é co-produtor da compañía De Ste Xeito, realizando diversas tarefas de xestión, loxística, técnica e publicidade. Compaxinando devandita actividade co seu outro traballo como Xefe de Redacción de Vigoplan.comOurenseplan.com e da revista trimestral Tuvigoplan.

Sergio Macías

Titulado en Interpretación pola RESAD de Madrid. Máster en Artes Escénicas pola Universidade Rey Juan Carlos.

Actor, director de escena e profesor de interpretación. Como actor traballou con directores como José Tamayo: Luces de Bohemia, Jesús Campos: A Ciegas, Ángel García Moreno: La fiebre del heno, Xavier Castiñeira: El Buscón, ou Ángel Facio, co que ten participado nunha decena de espectáculos, cinco deles producidos polo Teatro Español de Madrid: Romance de Lobos, Desventuras conyugales de Bartolomé Morales, Los cuernos de Don Friolera, El balcón e Moscú cercanías, entre outros.

Con De Ste Xeito traballou nas pezas Running, Backup, A resurección de Nuno e Neura, unha comedia neurótico-festiva.

Como director levou a escena diferentes producións: La Posadera (Bolito Producciones), Nuestra Señora de las Nubes (Caliteatro), Hamlet en el espejo (Teatro Hubert de Blanck da Habana), Listo para Sentenza (Cía Triatreros), Clerks (Kaspateatro) ou Papá Noel es una Mierda (Cía Goliardos para Teatros del Canal). No ámbito audiovisual participou en varias series como Cuéntame, Centro médico, La que se avecina, Cámera café, Los Serrano, Fariña, Asunta… entre outras.

Dende 2013 imparte clases de interpretación na ESAD de Galicia e dende 2017 na Escola Municipal de Teatro de Vigo.

Falamos?