Search
Close this search box.

BACKUP
A resurrección de nuno

En pleno funeral do avó Nuno, a familia apercíbese de que o seguro contratado polo falecido, ofrece a posibilidade de resucitar dixitalmente ao finado, a través dun innovador dispositivo de Intelixencia Artificial.

Mentres tanto gozarán dunha semana de fábula nun resort vacacional de alta tecnoloxía. Inicialmente a matriarca: Sabela, decidirá o como e o cando do uso de tal dispositivo, que permite aos familiares conectarse neuronalmente a Nuno e reencarnalo. Pero pouco a pouco a resurrección de Nuno vai tomando terreo por si mesma, dando lugar a que saian á boia conflitos e segredos familiares que enfrontan a cada membro deste clan con dilemas que resolver e verdades que asimilar.

A Resurrección de Nuno e unha “Comedia post Mortem” que nos amosa, a través dun humor acedo, unha posibilidade propia da Ciencia ficción pero que sen emgargo xa está a tocar a nosa porta na actualidade. Que sucedería se puidésemos resucitar a alguén amado? Canto tempo pasará ata que os segredos enterrados co finado saian á luz? Que cambios provocará saber toda a verdade? Serán quén de saír reforzados como familia ao aceptar as súas imperfeccións e disfuncionalidade?

Duración: 1 hr 30 min
Estrea: 4 de Novembro de 2022
Comedia Futurista

Reproducir vídeo

REMENBRANCE

Pilar Almansa

Dramaturga

CECILIA GEIJO

Directora

STEPHY LLARYORA

Claudia

Anxo Outumuro

Breogán

Xurxo Cortazar

Bruno

SERGIO MACIAS

Duarte

PEPA BARREIRO

Sabela