De Ste Xeito Producións, da man de Stephy Llaryora e Sergio Macías, ofrece na Escola Arte y Danza Vigo este curso intensivo de interpretación para a preparación das Probas de Acceso da ESAD 2025. 

Está dirixido a candidat@s a cursar a especialidade de Interpretación na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. E tamén a todas aquelas persoas interesadas en recibir unha formación intensiva en interpretación dun xeito práctico e concentrado no tempo.

Traballaremos con dous docentes en sesións de catro horas diarias en dúas modalidades a escoller:
– Curso A (5 sesións): 23, 24, 25, 26 e 27 de xuño de 10:00 a 14:00 horas.
– Curso B (8 sesións): Curso A + 30 de xuño, 1 e 2 de xullo de 10:00 a 14:00 horas.

Como será este curso intensivo de Interpretación?

A atención será personalizada nun grupo reducido que facilite o seguemento e mellora diarios. Grazas a contar con dous docentes especializados podemos proponer un traballo exhaustivo e práctico de todos os aspectos que configuran a proba de ingreso: Análise, preparación e interpretación do monólogo a presentar, preparación para a proba de expresión corporal, improvisación e integración de posibles propostas do tribunal, así como traballo en dicción, habilidades vocais e expresión oral.

Poñeremos a túa disposición todas as ferramentas para poder presentarte con garantías, seguridade e confianza no teu traballo e abordar con frescura e capacidade de xogo calquera proposta que poida facer o tribunal.

E que pasa se non vou presentarme este ano ou simplemente quero un curso de interpretación?
Podes integrarte igualmente e participar co grupo nas dinámicas de improvisación, exercicios de desinhibición e imaxinación e traballos de técnica vocal e corporal . Igualmente traballaremos textos propostos por ti ou polos docentes, desenvolvendo o proceso de achegamento ao personaxe dun xeito máis lúdico, sen a presión que supón a proximidade dunha proba.

O curso conta cunha profesora e máis un profesor cunha ampla experiencia profesional. Ademáis se desenvolve nunhas instalacións perfectamente adaptadas á finalidade do curso como son as da escola Arte y Danza.

Inscripción abertas ata ao venres 20 de xuño. Reserva previa no teléfono 660147486 ou no 607374977. Prazas limitadas, grupos reducidos.

Sergio Macías & Stephy Llaryora

Sergio Macias curso intensivo de Interpretación 2025

Stephy Llaryora profesora curso intensivo de Interpretación 2025