Home Calendario-Axenda Running Running na Asociadión de veciños A Miñoca
AUDIOVISUALES FB

Running na Asociadión de veciños A Miñoca

De Ste Xeito presentará o vindeiro 28 de xuño a súa comedia Running na Asociación de Veciños da Miñoca en Vigo dentro do programa Culturea da Deputación de Pontevedra.

# 𝗦𝗜𝗡𝗢𝗣𝗦𝗘:
Xulia e Román acaban de coñecerse e o primeiro WhatsApp non tarda en chegar: “¿Quedamos? Veña, ¡si! ¿Pero cando?”

Fillas e fillos de parellas anteriores, nais divorciadas, avós na residencia, adolescentes co pavo, nenas coa crise dos 8, maiores  coa dos 40, os 50… Clases de ioga para liberar o estrés, patinaxe artístico os luns, danza jazz os martes. Ser taxista das fillas, dos fillos, das fillas dos demais, do pai, da nai, da avoa, dos primos. Os deberes. Os da escola e o resto de deberes. Deberes e obrigas. Coidar de todo e de todos menos dun mesmo. ¿Como facer que as axendas cadren?

E por outra banda ¿de verdade quero comezar algo novo que poida supoñer máis deberes e menos pensar en min?
Romeo e Xulieta tiñan as familias na contra dun amor prohibido.
Xulia e Román aínda non saben se tanto se queren, pois as súas familias, as súas vidas, e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno.teatro-negreira

Date

23 Mai 2025
Expired!

Time

20:00

Labels

Running

Location

Asociación de Veciños Praza da Miñoca
Rúa Luis Ksado, 12 Baixo 36209 Vigo
Website
https://avaminoca.blogspot.com/

Asociación de Veciños Praza da Miñoca

Espectáculos

Next Event