Home Calendario-Axenda Running Running na Asociación Agarimo de Lavadores
AUDIOVISUALES FB

Running na Asociación Agarimo de Lavadores

De Ste Xeito presenta a súa comedia Running na Asociación de veciños Agarimo de Lavadores

𝗥𝗨𝗡𝗡𝗜𝗡𝗚 𝗘𝗡 𝗩𝗜𝗚𝗢
🏃‍♂🏃‍♀ A.VV Agarimo San Xoan Poulo.
𝘖𝘶𝘵𝘳𝘰 𝘧𝘪𝘯 𝘥𝘦 𝘴𝘦𝘮𝘢𝘯𝘢 𝘯𝘰𝘴 𝘲𝘶𝘦 𝘯𝘰𝘴 𝘤𝘢𝘭𝘻𝘢𝘮𝘰𝘴 𝘢𝘴 𝘻𝘢𝘱𝘢𝘵𝘪𝘭𝘭𝘢𝘴 𝘥𝘦 𝘥𝘦𝘱𝘰𝘳𝘵𝘦 𝘹𝘶𝘯𝘵𝘰 𝘢𝘰 𝘯𝘰𝘴𝘰𝘴 𝘲𝘶𝘦𝘳𝘪𝘥𝘰𝘴 𝘱𝘳𝘰𝘵𝘢𝘨𝘰𝘯𝘪𝘴𝘵𝘢𝘴: 𝘟𝘶𝘭𝘪𝘢 𝘦 𝘙𝘰𝘮á𝘯.
𝘌, 𝘢𝘥𝘦𝘮á𝘪𝘴, 𝘦𝘯 𝘝𝘪𝘨𝘰! 𝘊𝘦𝘳𝘤𝘢 𝘥𝘢 𝘤𝘢𝘴𝘪ñ𝘢!
𝗗𝗔𝗧𝗢𝗦 𝗗𝗢 𝗘𝗩𝗘𝗡𝗧𝗢:
📆 Sábado 24 de Maio ás 19:30h.
📌 A.VV Agarimo San Xoan Poulo situado en Vista do Mar, 6 – San Juan del Monte de Vigo.
Entrada de balde. Recomendado para público de +12 anos.
Evento patrocinado pola Deputación Pontevedra baixo o programa cultural Culturea.
# 𝗦𝗜𝗡𝗢𝗣𝗦𝗘:
Xulia e Román acaban de coñecerse e o primeiro WhatsApp non tarda en chegar: “¿Quedamos? Veña, ¡si! ¿Pero cando?”
Fillas e fillos de parellas anteriores, nais divorciadas, avós na residencia, adolescentes co pavo, nenas coa crise dos 8, maiores  coa dos 40, os 50… Clases de ioga para liberar o estrés, patinaxe artístico os luns, danza jazz os martes. Ser taxista das fillas, dos fillos, das fillas dos demais, do pai, da nai, da avoa, dos primos. Os deberes. Os da escola e o resto de deberes. Deberes e obrigas. Coidar de todo e de todos menos dun mesmo. ¿Como facer que as axendas cadren?
E por outra banda ¿de verdade quero comezar algo novo que poida supoñer máis deberes e menos pensar nun mesmo?
Romeo e Xulieta tiñan as familias na contra dun amor prohibido.
Xulia e Román aínda non saben se tanto se queren, pois as súas familias, as súas vidas, e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno.

Date

24 Mai 2025
Expired!

Time

19:30

Location

A.VV Agarimo San Xoan Poulo. Vigo
Rúa Vista do mar 6, Lavadores, Vigo
Website
https://www.facebook.com/victormanuel.fernandezibarrez.52/?locale=es_LA

Asociación de Veciños Agarimo, San Xoan Poulo de Vigo

Espectáculos

Next Event