
Running na ACRD Pardavila de Lavadores
De Ste Xeito presentará a súa comedia Running na ACRD Pardavila de Lavadores en Vigo.
# 𝗦𝗜𝗡𝗢𝗣𝗦𝗘:
Xulia e Román acaban de coñecerse e o primeiro WhatsApp non tarda en chegar: “¿Quedamos? Veña, si! Pero, cando?”
Fillas e fillos de parellas anteriores, nais divorciadas, avós na residencia, adolescentes co pavo, nenas coa crise dos 8, maiores coa dos 40, os 50… Clases de ioga para liberar o estrés, patinaxe artístico os luns, danza jazz os martes. Ser taxista das fillas, dos fillos, das fillas dos demais, do pai, da nai, da avoa, dos primos. Os deberes. Os da escola e o resto de deberes. Deberes e obrigas. Coidar de todo e de todos menos dun mesmo. ¿Como facer que as axendas cadren?
E por outra banda ¿de verdade quero comezar algo novo que poida supoñer máis deberes e menos pensar en min?
Romeo e Xulieta tiñan as familias na contra dun amor prohibido.
Xulia e Román aínda non saben se tanto se queren, pois as súas familias, as súas vidas, e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno.