O escenario como espello da vida

Loló e Mamá

Josi Lage acudiu como espectadora a un monólogo humorístico de Stephy Llaryora, fai xa uns anos. Ao rematar, achegouse para felicitala polo seu traballo e intercambiaron números de teléfono e conversación durante un rato.

Sen sabelo, aquel era o inicio dunha relación profesional que se materializou en “Loló e mamá”, a obra que hoxe presentan en Xinzo de Limia ás 19,30 horas no auditorio da Casa da Cultura “Ángel Cocho”.

Compartir: