Running en Vigo

Running volve a Vigo. O Sábado 10 de Febreiro, ás 19:00 horas, temos unha nova cita no Auditorio do Centro Social Cultural Deportivo e Recreativo Val do Fragoso coa a nosa suorenta comedia Running. En escena, unha actriz e un actor que terán que suar a camiseta para meterse na pel de todas as personaxes desta vertixinosa comedia.

👉 Entrada de balde. Aforo limitado.
◾ Máis información:
Evento organizado pola Asociación Val do Fragoso coa colaboración da Deputación de Pontevedra dentro do programa Culturea.

Sinopse de Running

Xulia e Román acaban de coñecerse e o primeiro WhatsApp non tarda en chegar: “¿Quedamos? Veña, ¡si! ¿Pero cando?”

Fillas e fillos de parellas anteriores. Nais divorciadas. Avós na residencia. Adolescentes co pavo. O pequeno coa crise dos 8. Os grandes coa dos 40, coa dos 50, coa dos 60. Clases de ioga para liberar o estrés, patinaxe artístico os luns, danza jazz os martes. E ser taxista. Das fillas, dos fillos, das fillas dos demais, do pai, da nai, da avoa, dos primos. E os deberes. Os deberes da escola e o resto de deberes. Deberes e obrigas. Coidar de todo e de todos menos dun mesmo. ¿Como facer que as axendas cadren?

E por outra banda: ¿de verdade quero comezar algo novo que poida supoñer máis deberes e menos pensar nun mesmo?
Romeo e Xulieta tiñan as familias na contra dun amor prohibido.

Xulia e Román aínda non saben se tanto se queren, pois as súas familias, as súas vidas, e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno.

Cartel de Running en Vigo

Running en Vigo

Tags: ,

Date

Feb 10 2024
Expired!

Time

19:00 - 20:00

Local Time

  • Timezone: America/New_York
  • Date: Feb 10 2024
  • Time: 13:00 - 14:00

Etiquetas

Running

Localización

Asociación Val do Fragoso
Rúa Val Miñor, 3
Categorías