Novo Curso de Teatro en Vigo. De Ste Xeito é unha compañía radicada en Vigo que ao longo dos seus 8 anos de vida levou as táboas espectáculos como Loló e mamá, Running, Feminíssimas, Back up, ou Neura sumando máis de 300 representacións, principalmente en Galicia, pero tamén Asturias, Pais Vasco, Castela León e Aragón.
Durante o curso 2025/26 queremos levar, en colaboración coa escola Arte y Danza, a nosa experiencia como profesionais da cultura a todas aquelas persoas que desexen adestrarse no mundo da interpretación teatral dun xeito lúdico e creativo.

Na nosa traxectoria como compañía, a creación colectiva é de vital importancia. Polo tanto, tentaremos favorecer a colaboración e posta en valor da diferencia coa finalidade de crear espazos de creación en liberdade e respecto.








RESERVAS PREVIAS E MÁIS INFORMACIÓN DO NOVO CURSO DE TEATRO.
660147486 ou 607374977 ou vía
Email: destexeitoproducciones@gmail.com





4 sesións /mes. (Nos meses que por festividades diversas non sexa posible completar as 4 sesións, será posible recuperalas de acordo co grupo e a dispoñibilidade da escola). As clases darán comezo o 6 de outubro de 2025.
Curso de Teatro en Vigo 2025/26

Traballaremos en grupos reducidos co fin de permitir unha atención o máis individualizada posible.

Non se solicita ningún pago en concepto de matrícula.
Dado que as prazas son limitadas, solicítase unha reserva de 20 euros a descontar da primeira mensualidade. Dito pago poderá realizarse por Bizum a calquera dos números de contacto especificando NOME e RESERVA CURSO ou ben de maneira presencial nas oficinas da escola


Stephy Llaryora e Sergio Macías son os encargados de impartir este curso. Formados na Real Escola Superior de Arte Dramático de Madrid acumulan 20 e 30 anos de profesión teatral. respectivamente participando en infinidade de espectáculos en compañías públicas e privadas.