Running en Xunqueira de Espadañedo
Running, unha suorenta comedia De Ste Xeito, chega ao Concello Xunqueira de Espadañedo, este mes de Setembro. En escea, unha actriz e un actor que terán que suar a camiseta para meterse na pel de todas as personaxes desta vertixinosa comedia.
Stephy Llaryora e Sergio Macías serán os protagonistas desta nova historia de «amor» e de «humor» da directora e dramaturga Esther F. Carrodeguas.
A cita de este evento será o próximo Sábado 14 de Setembro, ás 20:30 horas, no Salón de Actos de Xunqueira de Espadañedo.
Entrada gratuita. Aforo limitado.
Reservas anticipadas a través de mensaxe de WhatsApp ao número de teléfono 656473338.
Máis información no siguente ligazón. Evento de Facebook.
Evento organizado polo Concello de Xunqueira de Espadañedo coa colaboración da Deputación de Ourense dentro do programa cultural da Rede de Auditorios Provincial de Ourense.
Sinopse de Running
Xulia e Román acaban de coñecerse e o primeiro WhatsApp non tarda en chegar: “¿Quedamos? Veña, ¡si! ¿Pero cando?”
Fillas e fillos de parellas anteriores. Nais divorciadas. Avós na residencia. Adolescentes co pavo. O pequeno coa crise dos 8. Os grandes coa dos 40, coa dos 50, coa dos 60. Clases de ioga para liberar o estrés, patinaxe artístico os luns, danza jazz os martes. E ser taxista. Das fillas, dos fillos, das fillas dos demais, do pai, da nai, da avoa, dos primos. E os deberes. Os deberes da escola e o resto de deberes. Deberes e obrigas. Coidar de todo e de todos menos dun mesmo. ¿Como facer que as axendas cadren?
E por outra banda: ¿de verdade quero comezar algo novo que poida supoñer máis deberes e menos pensar nun mesmo?
Romeo e Xulieta tiñan as familias na contra dun amor prohibido.
Xulia e Román aínda non saben se tanto se queren, pois as súas familias, as súas vidas, e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno.