Running Teatro en Negreira
Running, unha suorenta comedia De Ste Xeito, chega ao Concello de Negreira. Este Venres 23 de Febreiro, ás 21:00 horas, temos unha cita no Auditorio Afonso Eanes do Cotón. En escena, unha actriz e un actor que terán que suar a camiseta para meterse na pel de todas as personaxes desta vertixinosa comedia.
Entrada 3,00€ por persoa. Aforo limitado.
Máis información no siguente ligazón. Evento de Facebook.
Evento organizado polo Concello de Meaño coa colaboración da Xunta de Galicia, Xacobeo 21-22 e o Agadic.
Sinopse de Running
Xulia e Román acaban de coñecerse e o primeiro WhatsApp non tarda en chegar: “¿Quedamos? Veña, ¡si! ¿Pero cando?”
Fillas e fillos de parellas anteriores. Nais divorciadas. Avós na residencia. Adolescentes co pavo. O pequeno coa crise dos 8. Os grandes coa dos 40, coa dos 50, coa dos 60. Clases de ioga para liberar o estrés, patinaxe artístico os luns, danza jazz os martes. E ser taxista. Das fillas, dos fillos, das fillas dos demais, do pai, da nai, da avoa, dos primos. E os deberes. Os deberes da escola e o resto de deberes. Deberes e obrigas. Coidar de todo e de todos menos dun mesmo. ¿Como facer que as axendas cadren?
E por outra banda: ¿de verdade quero comezar algo novo que poida supoñer máis deberes e menos pensar nun mesmo?
Romeo e Xulieta tiñan as familias na contra dun amor prohibido.
Xulia e Román aínda non saben se tanto se queren, pois as súas familias, as súas vidas, e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno.