Running Teatro en Cesantes
De Ste Xeito Producións presentará a súa suorenta comedia Running en Cesantes. A cita será o próximo Sábado 28 de Setembro, ás 20:00 horas, no Circulo Cultural Deportivo de Cesantes. Neste exercicio teatral, os nosos dous actores asumirán o reto de interpretar, ademais dos dous protagonistas desta comedia, a todos os personaxes das familias dos dous e da súa contorna
O prezo do evento será gratuito con aforo limitado. Ademáis os recordamos que a cita está recomendado para público de máis de 12 anos. Máis información no seguinte whatsapp telf. +34 666 53 02 95
➥ Evento organizado pola Círculo Cultural Deportivo de Cesantes coa colaboración da Deputación de Pontevedra, dentro do programa cultural Culturea.
De Ste Xeito continúa a súa xira esta fin de semana en Cesantes
# 𝗦𝗜𝗡𝗢𝗣𝗦𝗘:
Xulia e Román acaban de coñecerse e o primeiro WhatsApp non tarda en chegar: “¿Quedamos? Veña, ¡si! ¿Pero cando?”
Fillas e fillos de parellas anteriores. Nais divorciadas. Avós na residencia. Adolescentes co pavo. O pequeno coa crise dos 8. Os grandes coa dos 40, coa dos 50, coa dos 60. Clases de ioga para liberar o estrés, patinaxe artístico os luns, danza jazz os martes. E ser taxista. Das fillas, dos fillos, das fillas dos demais, do pai, da nai, da avoa, dos primos. E os deberes. Os deberes da escola e o resto de deberes. Deberes e obrigas. Coidar de todo e de todos menos dun mesmo. ¿Como facer que as axendas cadren? E por outra banda: ¿de verdade quero comezar algo novo que poida supoñer máis deberes e menos pensar nun mesmo?
Romeo e Xulieta tiñan as familias na contra dun amor prohibido.
Xulia e Román aínda non saben se tanto se queren, pois as súas familias, as súas vidas, e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno.