Neura Teatro en Cangas
O 𝗦Á𝗕𝗔𝗗𝗢 𝟭𝟵 𝗗𝗘 𝗢𝗨𝗧𝗨𝗕𝗥𝗢, ás 20:00 horas, De Ste Xeito Producións presentará a súa nova comedia “𝗡𝗘𝗨𝗥𝗔, 𝗨𝗡𝗛𝗔 𝗖𝗢𝗠𝗘𝗗𝗜𝗔 𝗡𝗘𝗨𝗥Ó𝗧𝗜𝗖𝗢-𝗙𝗘𝗦𝗧𝗜𝗩𝗔”, no Auditorio Municipal de Cangas.
𝗩𝗘𝗡𝗗𝗔 𝗗𝗘 𝗟𝗢𝗖𝗔𝗟𝗜𝗗𝗔𝗗𝗘𝗦:
Entradas anticipadas na web de ataquilla.com (buscar en google ataquilla cangas) e o mesmo día do evento, no depacho do auditorio, 2 horas antes do comezo da función.
𝗠Á𝗜𝗦 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗖𝗜Ó𝗡 𝐍𝐎 𝐓𝐄𝐋𝐅: 986 30 41 08 ou no noso evento de facebook.
Neura chega a mediados do mes de Outubro a Cangas
𝗦𝗜𝗡𝗢𝗣𝗦𝗘:
NEURA é unha comedia que aborda o tema da saúde mental, iso si, con minúsculas. Os nosos protagonistas conviven con teimas propias e alleas. Tentan agochar algunhas, exhiben outras orgullosos, en ocasións búscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas.
Neura non é unha comedia romántica: Edu e Sonia, xa viviron no pasado a súa historia de amor e desamor que terminou precisamente por mor deses pequenos trastornos. Non son amigos, non son amantes. Son esa categoría difusa á que chamamos ex. Xente da que sabemos ata o seu grupo sanguíneo, pero coa que actuamos como perfectos descoñecidos.
Os azares da vida fan que volvan atoparse en distintas circunstancias. Obrigados unha vez máis a poñer a proba a compatibilidade das súas neuras. Con todo, a evolución de cada un por separado, durante estes anos, a través de diferentes terapias e pseudo-terapias fai que se reencontren cunha versión actualizada da persoa á que coñeceron.
Situacións novas e sorprendentes que nos farán viaxar dun xeito hilarante a través do mundo dos trastornos e a saúde mental. Un camiño afastado de preconceptos caducos, que confronta con sinxeleza as múltiples alteracións da personalidade. Manías das que ninguén se libra, por moito que as ocultemos ou sexan tabú.
Neura é unha comedia neurótico-festiva na que todos e todas nos veremos reflectid@s.