De Ste Xeito Producións, da man de Stephy Llaryora e Sergio Macías, ofrecen na 𝗘𝗦𝗖𝗢𝗟𝗔 𝗔𝗥𝗧𝗘 𝘆 𝗗𝗔𝗡𝗭𝗔 𝗩𝗜𝗚𝗢 un novo curso intensivo de interpretación para a preparación das Probas de Acceso da ESAD 2026.
Está dirixido a candidat@s a cursar a especialidade de Interpretación na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. E tamén a todas aquelas persoas interesadas en recibir unha formación intensiva en interpretación dun xeito práctico e concentrado no tempo.
Curso Intensivo de Interpretación, probas de Acceso da ESAD 2026.
𝗗𝗮𝘁𝗼𝘀 𝗱𝗼 𝗰𝘂𝗿𝘀𝗼:
📆 Do Luns 29 de Xuño ao Venres 03 de Xullo.
🕘 De 16:30h a 20:30h.
📍 Escola Arte y Danza situado en C/ Canadelo Baixo, 2A, Vigo (Nudo Isaac Peral).
👉 Inscripción abertas ata ao venres 24 de xuño. Reservas previas no teléfono 660147486 ou no 607374977.
Prazas limitadas, grupos reducidos.

Como será este curso intensivo de Interpretación?
A atención será personalizada nun grupo reducido que facilite o seguemento e mellora diarios. Grazas a contar con dous docentes especializados podemos proponer un traballo exhaustivo e práctico de todos os aspectos que configuran a proba de ingreso: Análise, preparación e interpretación do monólogo a presentar, preparación para a proba de expresión corporal, improvisación e integración de posibles propostas do tribunal, así como traballo en dicción, habilidades vocais e expresión oral.
Poñeremos a túa disposición todas as ferramentas para poder presentarte con garantías, seguridade e confianza no teu traballo e abordar con frescura e capacidade de xogo calquera proposta que poida facer o tribunal.
E que pasa se non vou presentarme este ano ou simplemente quero un curso de interpretación?
Podes integrarte igualmente e participar co grupo nas dinámicas de improvisación, exercicios de desinhibición e imaxinación e traballos de técnica vocal e corporal . Igualmente traballaremos textos propostos por ti ou polos docentes, desenvolvendo o proceso de achegamento ao personaxe dun xeito máis lúdico, sen a presión que supón a proximidade dunha proba.
O curso conta cunha profesora e máis un profesor cunha ampla experiencia profesional. Ademáis se desenvolve nunhas instalacións perfectamente adaptadas á finalidade do curso como son as da escola Arte y Danza.



