Señores (Unha comedia Machirula) en Vigo
SEÑORES (Unha comedia machirula De Ste Xeito) en Vigo.
O Venres 13 e Sábado 14 de Marzo do 2026, De Ste Xeito Producións estrea no Auditorio Municipal do Concello de Vigo a súa nova comedia “SEÑORES”. Un espectáculo feminista onde hai mulleres que fan de homes que din o que deben facer as mulleres.
𝗗𝗔𝗧𝗢𝗦 𝗗𝗢 𝗘𝗩𝗘𝗡𝗧𝗢:
📆 Venres 13 e Sábado 14 de Marzo ás 20:00h.
📍 Auditorio Municipal do Concello de Vigo situado na Praza do Rei, 1, de Vigo
Entradas 🎫 Prezo das entradas 10,00€. Idade recomendada +12 anos.
Entradas á venda nesta ligazón: https://goo.su/lEaj e na Papelería Folder de Vigo situada na rúa Progreso 22, en horario de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:30 h.
𝗦𝗜𝗡𝗢𝗣𝗦𝗘:
Cecilia, Celia e Lía son xemelgas trivitelinas e non poden ser máis distintas. Un día reciben a chamada de Carmen, a súa nai, para acudir á casa familiar de Cabo Home a pasar a noite de San Xoán.
Señores é unha comedia que fala de irmás, de nais e fillas e de noites máxicas. Señores é tamén unha comedia feminista onde hai mulleres que fan de homes que din o que deben facer as mulleres.
SEÑORAS E SEÑORES QUE O FAN POSIBLE:
– Señoras que actúan: Ana Fernández Sánchez, Nadia Geijo Doménech, Stephy Llaryora e Pepa Barreiro
– Señor que deseña o espazo e o vestiario: Carlos Alonso
– Señor que deseña a Luz: Jorge Ramos
– Señora que deseña as coreografías: Stephy Llaryora
– Señora que canta (BSO): Venga, Bea
– Señor que canta e compón a letra e a música (BSO): Xabi Piñeiro
– Señora e señor que fan as fotos: Tere Freiría e Juan Ramilo
– Señor xefe de produción: Steve Dominguez Fernandez
– Señor axudante de produción: Anxo Fernández Davila
– Señor que escribe e dirixe: Sergio Macías
– Señoras que deseña e elaboran o vestiario: Stephy Llaryora e Melissa Hermida Ucha.
– Señoras e señores que colaboran neste proxecto: Concello de Vigo, Xunta de Galicia, Agadic, Irene Prada, Asociación de Veciños Agarimo San Xoán Poulo, Ártika Cultura E Arte, Vigo Arte e Danza e Angelly Ochoa.

