Home Calendario-Axenda Neura Neura, unha comedia neurótico-festiva en Valle Aranguren
NEURA-COMEIA-VALLE-ARANGUREN

Neura, unha comedia neurótico-festiva en Valle Aranguren

De Ste Xeito presentará na Casa de Cultura do Valle Aranguren a súa última comedia Neura, escrita e dirixida por Manuel Pombal e interpretada por Stephy Llaryora e Sergio Macías. A cita será o Domingo 26 de Abril ás 19:00 horas.

Datos do evento

𝗗𝗔𝗧𝗔 𝗘 𝗛𝗢𝗥𝗔 📆  Domingo 26 de Abril a partir das 19:00 horas.
𝗟𝗨𝗚𝗔𝗥 📍 na Casa de Cultura do Valle Aranguren situado en 
𝗘𝗡𝗧𝗥𝗔𝗗𝗔 🎫  Entradas 7,00€. Recomendado a maiores de 12 anos.
COMPRA DE ENTRADAS ANTICIPADAS: Consultar web do Concello de Valle Aranguren.
Este evento conta coa colaboración do Concello de Mélida, da Xunta de Galicia e do Agadic.

neura-valle-aranguren-comedia

Sinopse de Neura

NEURA é unha comedia que aborda o tema da saúde mental, iso si, con minúsculas. Os nosos protagonistas conviven con teimas propias e alleas. Tentan agochar algunhas, exhiben otras orgullosos, en ocasións búscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas.

Neura non é unha comedia romántica: Edu e Sonia, xa viviron no pasado a súa historia de amor e desamor que terminou precisamente por mor deses pequeños trastornos. Non son amigos, non son amantes. Son esa categoría difusa á que chamamos ex. Xente da que sabemos ata o seu grupo sanguíneo, pero coa que actuamos como perfectos descoñecidos.

Os azares da vida fan que volvan atoparse en distintas circunstancias. Obrigados unha vez máis a poñer a proba a compatibilidade das súas neuras. Con todo, a evolución de cada un por separado, durante estes anos, a traves de diferentes terapias e pseudo-terapias fai que se encontren fronte fronte cunha versión actualizada da persoa á que coñeceron.

Situacións novas e sorprendentes que nos farán viaxar dun xeito hilarante a través do mundo dos trastornos e a saúde mental. Un camiño afastado de preconceptos caducos, que confronta con sinxeleza as múltiples alteracións da personalidade. Manías das que ninguén se libra, por moito que as ocultemos ou sexan tabú.

Neura é unha comedia neurótico-festiva na que todos e todas nos veremos reflectid@s.

A mellor terapia: rirnos de nòs mesm@s!

Cartel de Neura, unha comedia neurótico-festiva en Valle Aranguren

CARTEL-NEURA-VALLE-ARANGUREN

Date

26 Abr 2026

Time

19:00

Labels

Neura

Location

Casa de Cultura de Aranguren
Casa de Cultura de Aranguren
Pl. Eguzki, s/n
Website
https://www.aranguren.es/servicios/cultura/
Phone
948 291 489

Espectáculos