Home Calendario-Axenda Neura Neura, unha comedia neurótico-festiva en Mélida
mélida-auditorio-trinkete-cultura-comedia-neura

Neura, unha comedia neurótico-festiva en Mélida

De Ste Xeito presentará no Auditorio Trinquete de Mélida a súa última comedia Neura, escrita e dirixida por Manuel Pombal e interpretada por Stephy Llaryora e Sergio Macías. A cita será o Sábado 25 de Abril ás 19:00 horas.

Datos do evento

𝗗𝗔𝗧𝗔 𝗘 𝗛𝗢𝗥𝗔 📆  Sábado 25 de Abril a partir das 19:00 horas.
𝗟𝗨𝗚𝗔𝗥 📍 no Auditorio Trinquete de Mélida situado en 21 C. Nueva de Mélida.
𝗘𝗡𝗧𝗥𝗔𝗗𝗔 🎫  Entradas a 7,00€. Anticipadas na web Red de Teatros de Navarra o en taquilla una hora antes do día do evento. Recomendado a maiores de 12 anos.
COMPRA DE ENTRADAS ANTICIPADAS: Consultar web do Concello de Mélida.
Este evento conta coa colaboración do Concello de Mélida, da Xunta de Galicia e do Agadic.

NEURA-DE-STE-XEITO-TEATRO-MELIDA-COMEDIA

Sinopse de Neura

NEURA é unha comedia que aborda o tema da saúde mental, iso si, con minúsculas. Os nosos protagonistas conviven con teimas propias e alleas. Tentan agochar algunhas, exhiben otras orgullosos, en ocasións búscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas.

Neura non é unha comedia romántica: Edu e Sonia, xa viviron no pasado a súa historia de amor e desamor que terminou precisamente por mor deses pequeños trastornos. Non son amigos, non son amantes. Son esa categoría difusa á que chamamos ex. Xente da que sabemos ata o seu grupo sanguíneo, pero coa que actuamos como perfectos descoñecidos.

Os azares da vida fan que volvan atoparse en distintas circunstancias. Obrigados unha vez máis a poñer a proba a compatibilidade das súas neuras. Con todo, a evolución de cada un por separado, durante estes anos, a traves de diferentes terapias e pseudo-terapias fai que se encontren fronte fronte cunha versión actualizada da persoa á que coñeceron.

Situacións novas e sorprendentes que nos farán viaxar dun xeito hilarante a través do mundo dos trastornos e a saúde mental. Un camiño afastado de preconceptos caducos, que confronta con sinxeleza as múltiples alteracións da personalidade. Manías das que ninguén se libra, por moito que as ocultemos ou sexan tabú.

Neura é unha comedia neurótico-festiva na que todos e todas nos veremos reflectid@s.

A mellor terapia: rirnos de nòs mesm@s!

Cartel de Neura, unha comedia neurótico-festiva en Mélida

cartel-neura-teatro-mélida

Date

25 Abr 2026

Time

19:00

Labels

Neura

Location

Auditorio Trinquete de Mélida
Auditorio Trinquete de Mélida
21 C. Nueva
Website
https://redteatrosnavarra.com/es/recintos-escenicos/casa-cultura-melida
Phone
948 746 015

Espectáculos