Neura en Arzúa

De Ste Xeito levará a Capela da Madalena a súa última comedia Neura, escrita e dirixida por Manuel Pombal e interpretada por Stephy Llaryora e Sergio Macías. A cita será o Venres 7 de Novembro ás 21:00 horas.

Datos do evento

𝗗𝗔𝗧𝗔 𝗘 𝗛𝗢𝗥𝗔 📆  𝗩𝗘𝗡𝗥𝗘𝗦 𝟳 𝗗𝗘 𝗡𝗢𝗩𝗘𝗠𝗕𝗥𝗢 ás 21:00h.
𝗟𝗨𝗚𝗔𝗥 📍 na Capela de Madalena do Concello de Arzúa.
𝗘𝗡𝗧𝗥𝗔𝗗𝗔 🎫 entrada gratuita con aforo limitado.
Este evento conta coa colaboración do Concello de Arzúa e da Deputación da Coruña, dentro do programa da Rede Cultural da Coruña.

Sinopse de Neura

NEURA é unha comedia que aborda o tema da saúde mental, iso si, con minúsculas. Os nosos protagonistas conviven con teimas propias e alleas. Tentan agochar algunhas, exhiben otras orgullosos, en ocasións búscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas.

Neura non é unha comedia romántica: Edu e Sonia, xa viviron no pasado a súa historia de amor e desamor que terminou precisamente por mor deses pequeños trastornos. Non son amigos, non son amantes. Son esa categoría difusa á que chamamos ex. Xente da que sabemos ata o seu grupo sanguíneo, pero coa que actuamos como perfectos descoñecidos.

Os azares da vida fan que volvan atoparse en distintas circunstancias. Obrigados unha vez máis a poñer a proba a compatibilidade das súas neuras. Con todo, a evolución de cada un por separado, durante estes anos, a traves de diferentes terapias e pseudo-terapias fai que se encontren fronte fronte cunha versión actualizada da persoa á que coñeceron.

Situacións novas e sorprendentes que nos farán viaxar dun xeito hilarante a través do mundo dos trastornos e a saúde mental. Un camiño afastado de preconceptos caducos, que confronta con sinxeleza as múltiples alteracións da personalidade. Manías das que ninguén se libra, por moito que as ocultemos ou sexan tabú.

Neura é unha comedia neurótico-festiva na que todos e todas nos veremos reflectid@s.

A mellor terapia: rirnos de nòs mesm@s!

Cartel de Neura en Arzúa

Cartel-Neura-Arzúa

Date

07 Nov 2025
Expired!

Time

21:00

Labels

De Ste Xeito - Producciones

Location

Capela da Madalena
Capela da Madalena
Rúa Cima do Lugar, 2, 15810 Arzúa
Website
https://arzua.gal/
Phone
981500000

Espectáculos

Next Event