Feminíssimas en A Caniza
O Sábado 22 de Agosto De Ste Xeito Producións presentará a súa comedia violeta, “FEMINÍSSIMAS”, na programación de verán do Concello da Caniza.
# 𝗗𝗔𝗧𝗢𝗦 𝗗𝗢 𝗘𝗩𝗘𝗡𝗧𝗢:
◾️ A cita será o Sábado 22 de Agosto ás 21:00 horas.
◾️ Auditorio Casa da Cultura da Caniza situado en Rúa Progreso, 36880 A Caniza.
◾️ Público +12anos.
🔸 𝗘𝗡𝗧𝗥𝗔𝗗𝗔𝗦: Entrada gratuita
🔸 𝗢𝗥𝗚𝗔𝗡𝗜𝗭𝗔𝗗𝗢: Concello da Caniza coa colaboración da Deputación de Pontevedra dentro do programa cultural +Escénicas.
# 𝗦𝗜𝗡𝗢𝗣𝗦𝗘:
Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven… con 3 maneiras ben distintas de entender o «feminismo».
Este é o punto de partida desta creación teatral con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba e mentras analizamos, dende a comedia, de que maneira as mulleres estamos a convivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas.
Unha maneira, tamén de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incogruencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria.
𝗘𝗻 𝗿𝗲𝘀𝘂𝗺𝗼: 𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗰𝗼𝗺𝗲𝗱𝗶𝗮 𝗻𝗲𝗴𝗿𝗮… 𝗺𝗼𝗶 𝘃𝗶𝗼𝗹𝗲𝘁𝗮.

