Señores (unha comedia machirula) no Barco de Valdeorras
SEÑORES (Unha comedia machirula De Ste Xeito) no Barco de Valdeorras.
O Venres 20 de Marzo do 2026, De Ste Xeito Producións actuará no Teatro Lauro Olmo do Concello do Barco de Valdeorras coa súa nova comedia “SEÑORES”. Un espectáculo feminista onde hai mulleres que fan de homes que din o que deben facer as mulleres.
𝗗𝗔𝗧𝗢𝗦 𝗗𝗢 𝗘𝗩𝗘𝗡𝗧𝗢:
📆 Venres 20 de Marzo ás 21:00h.
📍 Teatro Lauro Olmo situado na Avenida da Estación, 2 de O Barco de Valdeorras (Ourense)
Entradas 🎫 Prezo das entradas 5,00€. Entradas á venda una hora antes da hora do espectáculo, na taquilla do mesmo teatro. Idade recomendada +12 anos.
𝗦𝗜𝗡𝗢𝗣𝗦𝗘:
Cecilia, Celia e Lía son xemelgas trivitelinas e non poden ser máis distintas. Un día reciben a chamada de Carmen, a súa nai, para acudir á casa familiar de Cabo Home a pasar a noite de San Xoán.
Señores é unha comedia que fala de irmás, de nais e fillas e de noites máxicas. Señores é tamén unha comedia feminista onde hai mulleres que fan de homes que din o que deben facer as mulleres.
SEÑORAS E SEÑORES QUE O FAN POSIBLE:
– Señoras que actúan: Ana Fernández Sánchez, Nadia Geijo Doménech, Stephy Llaryora e Pepa Barreiro
– Señor que deseña o espazo e o vestiario: Carlos Alonso
– Señor que deseña a Luz: Jorge Ramos
– Señora que deseña as coreografías: Stephy Llaryora
– Señora que canta (BSO): Venga, Bea
– Señor que canta e compón a letra e a música (BSO): Xabi Piñeiro
– Señora e señor que fan as fotos: Tere Freiría e Juan Ramilo
– Señor xefe de produción: Steve Dominguez Fernandez
– Señor axudante de produción: Anxo Fernández Davila
– Señor que escribe e dirixe: Sergio Macías
– Señoras que deseña e elaboran o vestiario: Stephy Llaryora e Melissa Hermida Ucha.
– Señoras e señores que colaboran neste proxecto: Concello de Vigo, Xunta de Galicia, Agadic, Irene Prada, Asociación de Veciños Agarimo San Xoán Poulo, Ártika Cultura E Arte, Vigo Arte e Danza e Angelly Ochoa.
Cartel de Señores (Unha comedia machirula De Ste Xeito) no Barco de Valdeorras
Este evento conta coa colaboración do Concello do Barco de Valdeorras, da Xunta de Galicia e do Agadic a través do programa da RGTA.

