Home Calendario-Axenda Neura Neura, unha comedia neurótico-festiva en Murchante
neura-comedia-murchante-evento-29-marzo

Neura, unha comedia neurótico-festiva en Murchante

De Ste Xeito presentará na Casa da Cultura de Murchante a súa última comedia Neura, escrita e dirixida por Manuel Pombal e interpretada por Stephy Llaryora e Sergio Macías. A cita será o Domingo 29 de Marzo ás 19:00 horas.

Datos do evento

𝗗𝗔𝗧𝗔 𝗘 𝗛𝗢𝗥𝗔 📆  Domingo 29 de Marzo ás 19:00 horas.
𝗟𝗨𝗚𝗔𝗥 📍 na Casa da Cultura de Murchante situada en Calle Mayor, 104, de Murchante, Navarra.
𝗘𝗡𝗧𝗥𝗔𝗗𝗔 🎫 Entrada: 6,00€. Compra de entradas anticipadas na web www.murchante.es ou en taquilla, a partir de 45 minutos antes da hora do evento.
Este evento conta coa colaboración do Concello de Murchante, da Xunta de Galicia e do Agadic.

neura-de-ste-xeito-teatro-murchante

Sinopse de Neura

NEURA é unha comedia que aborda o tema da saúde mental, iso si, con minúsculas. Os nosos protagonistas conviven con teimas propias e alleas. Tentan agochar algunhas, exhiben otras orgullosos, en ocasións búscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas.

Neura non é unha comedia romántica: Edu e Sonia, xa viviron no pasado a súa historia de amor e desamor que terminou precisamente por mor deses pequeños trastornos. Non son amigos, non son amantes. Son esa categoría difusa á que chamamos ex. Xente da que sabemos ata o seu grupo sanguíneo, pero coa que actuamos como perfectos descoñecidos.

Os azares da vida fan que volvan atoparse en distintas circunstancias. Obrigados unha vez máis a poñer a proba a compatibilidade das súas neuras. Con todo, a evolución de cada un por separado, durante estes anos, a traves de diferentes terapias e pseudo-terapias fai que se encontren fronte fronte cunha versión actualizada da persoa á que coñeceron.

Situacións novas e sorprendentes que nos farán viaxar dun xeito hilarante a través do mundo dos trastornos e a saúde mental. Un camiño afastado de preconceptos caducos, que confronta con sinxeleza as múltiples alteracións da personalidade. Manías das que ninguén se libra, por moito que as ocultemos ou sexan tabú.

Neura é unha comedia neurótico-festiva na que todos e todas nos veremos reflectid@s.

A mellor terapia: rirnos de nòs mesm@s!

Cartel de Neura en Murchante

Date

29 Mar 2026

Time

19:00

Labels

Neura

Location

Casa da Cultura de Murchante
Casa da Cultura de Murchante
Calle Mayor, 104, Murchante
Phone
948838647

Espectáculos