Home Calendario-Axenda Neura Neura en Vimianzo
neura-de-ste-xeito-vimianzo

Neura en Vimianzo

Neura, unha comedia neurótico festiva, escrita e dirixida por Manuel Pombal e interpretada por Stephy Llaryora e Sergio Macías estará no Auditorio Municipal do Concello de Vimianzo. A cita será o Sábado 11 de Outubro ás 20:30 horas.

Datos do evento

𝗗𝗔𝗧𝗔 𝗘 𝗛𝗢𝗥𝗔 📆 𝗦Á𝗕𝗔𝗗𝗢 𝟭𝟭 𝗗𝗘 𝗢𝗨𝗧𝗨𝗕𝗥𝗢 ás 20:30h.
𝗟𝗨𝗚𝗔𝗥 📍 no Auditorio Municipal de Vimianzo.
𝗘𝗡𝗧𝗥𝗔𝗗𝗔 🎫 Prezo espectáculos 5€ (entrada reducida 2,50€).
Venda o día da función na billeteira dende 1 hora antes do inicio do espectáculo.
Venda anticipadas na web de Woutick.com
Este evento conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

Sinopse de Neura

NEURA é unha comedia que aborda o tema da saúde mental, iso si, con minúsculas. Os nosos protagonistas conviven con teimas propias e alleas. Tentan agochar algunhas, exhiben otras orgullosos, en ocasións búscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas.

Neura non é unha comedia romántica: Edu e Sonia, xa viviron no pasado a súa historia de amor e desamor que terminou precisamente por mor deses pequeños trastornos. Non son amigos, non son amantes. Son esa categoría difusa á que chamamos ex. Xente da que sabemos ata o seu grupo sanguíneo, pero coa que actuamos como perfectos descoñecidos.

Os azares da vida fan que volvan atoparse en distintas circunstancias. Obrigados unha vez máis a poñer a proba a compatibilidade das súas neuras. Con todo, a evolución de cada un por separado, durante estes anos, a traves de diferentes terapias e pseudo-terapias fai que se encontren fronte fronte cunha versión actualizada da persoa á que coñeceron.

Situacións novas e sorprendentes que nos farán viaxar dun xeito hilarante a través do mundo dos trastornos e a saúde mental. Un camiño afastado de preconceptos caducos, que confronta con sinxeleza as múltiples alteracións da personalidade. Manías das que ninguén se libra, por moito que as ocultemos ou sexan tabú.

Neura é unha comedia neurótico-festiva na que todos e todas nos veremos reflectid@s.

A mellor terapia: rirnos de nòs mesm@s!

Cartel de Neura en Vimianzo

cartel-neura-vimianzo-teatro

 

Date

11 Out 2025
Expired!

Time

20:30

Labels

De Ste Xeito - Producciones

Location

Vimianzo
Rúa Braña B, 15129 Vimianzo, A Coruña
Website
https://www.vimianzo.gal

Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo

Espectáculos

Next Event