Home Calendario-Axenda Feminissimas Feminíssimas na Laracha
FEMINISSIMAS EN LARACHA TEATRO

Feminíssimas na Laracha

FEMINÍSSIMAS no Concello da Laracha
Este 𝗩𝗘𝗡𝗥𝗘𝗦 𝟮𝟭 𝗗𝗘 𝗡𝗢𝗩𝗘𝗠𝗕𝗥𝗢 De Ste Xeito Producións voltamos coa a nosa comedia violeta “FEMINÍSSIMAS”.
𝗗𝗔𝗧𝗢𝗦 𝗗𝗢 𝗘𝗩𝗘𝗡𝗧𝗢:
◾️ A cita será o Venres 21 de Novembro ás 21:00 horas.
◾️ Casa da Cultura da Laracha situado na Rúa Manuel Murguía, 15145 A Laracha, A Coruña
◾️ Entrada libre e gratuíta ata completar aforo. Público +12anos.
🔸 Organizado polo Concello da Laracha dentro do Programa do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero.
SINOPSE:

Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven.Tres amigas que teñen 3 maneiras ben distintas de entender o “feminismo”… Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer.

Este é o punto de partida desta creación de Esther F: Carrodeguas, Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Xavier Castiñeira. Unha peza teatral con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba e mentres analizamos -dende a comedia- de que maneira as mulleres estamos a con-vivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas. Unha maneira –tamén– de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incongurencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. Un espazo –ademáis– para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía.

En resumo: unha comedia negra… moi violeta.

ELENCO:
Stephy Llaryora, Ana San Fernando e Nadia Doménech.

Cartel de Feminíssimas na Laracha

Date

21 Nov 2025
Expired!

Time

21:00

Labels

Feminissímas

Location

Casa da Cultura de Laracha
Casa da Cultura de Laracha
Rúa Manuel Murguía, 15145 A Laracha, A Coruña
Website
https://www.alaracha.gal/gl/item/cultural/3/casa-da-cultura-da-laracha/
Phone
981 605 001

Espectáculos

Next Event