De Ste Xeito
Quén somos
Sobre nós
DE STE XEITO
Producións
Teatros Increíbles
Actuamos nos mellores teatros de Galicia
Comedia
Apostamos pola comedia como medio de expresión
Creación Artística
Realización artesá de calidade
Espectáculos e Obras
Propostas e interrogantes sobre o individuo e a natureza humana
Verdade Escénica
Valor fundamental e como exercicio de introspección
A nosa historia
Somos unha productora galega de espectáculos teatrais, baseada na unión da creación e realización artística de calidade, co seu necesario apoio promocional, publicitario e de distribución.
Como creador@s perseguimos nas nosas propostas interrogar sobre o individuo e profundar na natureza humana. Sempre fronte a un outro: as relacións e cómo estas nos cambian convértense no noso maior eixo de investigación. A nosa linguaxe escénica tórnase máis poética, ou máis humorística… segundo a proposta, pero o que conserva sempre é o ollar crítico, e a perspectiva humanista, honesta e integradora.
A verdade escénica convértese así nun valor fundamental, así como o exercicio de introspección co equipo creativo que pretende tamén ecoar con cada un dos seus membros, en cada un dos procesos… Para finalmente ecoar co público nun facer próximo e familiar.
Elaboramos de maneira artesanal a través de procesos previos de investigación e posta en acción do elenco que inxectan organicidade a cada texto final, e deste xeito a cada resultado escénico.
A nosa maior colaboradora, quen soubo entender o noso espírito a través da súa dramaturxia é Esther F. Carrodeguas.
De Ste Xeito
Experiencia teatral
Sobre nós
Creación artesanal, crítica e honesta.