Teatro Jofre de Ferrol, inaugurado en 1892, é unha das máis importantes obras da arquitectura teatral da España do XIX. O seu interior, de espléndida acústica e fermosa decoración, é testemuña da importante actividade cultural da cidade. As vicisitudes atravesadas polo inconcluso teatro prolónganse ao século XX. En 1908 incorpora á súa programación proxeccións cinematográficas. Despois de ser vendido á empresa Fraga, encárgaselle ao arquitecto municipal Rodolfo Ucha unha reforma para dotalo dunha nova fronte e proporcionar ao edificio un impoñente aspecto de moderno palacio urbano. Leva unha tripla división horizontal: baseamento, corpo principal de dobre altura e cornixa. Ao longo do XX continúa sufrindo distintos proxectos e aínda hoxe espera a súa restauración.
Servizo de venda de entradas, información ao público e recollida de entradas web.
HORARIO DE INVERNO
De martes a venres de 11.00 a 13.00 horas e de 18.00 a 20.00 horas.
Sábados, domingos e festivos de función, abrirá pola mañá de 11.00 a 13.00 e pola tarde dende dúas horas e media antes do inicio da mesma. Cando a función sexa no Auditorio, abrirá de mañá no Teatro Jofre de 11.00 a 13.00 e de tarde no Auditorio, dende dúas horas e media antes do inicio da mesma.
HORARIO DE VERÁN
Do 1 de xullo ata o 15 de agosto permanecerá pechado.
Do 16 ao 31 de agosto, abrirá de martes a venres de 11.00 a 13.00h.
Teléfono: 981 944 245