Cargando eventos

← Back to eventos

Auditorio Municipal de Cangas

Avenida de Lugo, 27
Cangas, Pontevedra 36940 España
986 304 108 https://auditoriomunicipaldecangas.blogspot.com/p/introducion-este-espazo-cultural.html
O Auditorio Municipal de Cangas inaugurouse o 18 de outubro de 2001, converténdose desde a súa apertura no elemento dinamizador e escenario por excelencia da actividade cultural do municipio; tendo grande repercusión sobre os concellos limítrofes. Compre lembrar que é o único auditorio da peninsula do Morrazo capaz de acoller grandes espectáculos de artes escénicas e musicais, tendo unha area de influencia sobre máis de 80.000 persoas.
O edificio, deseñado polo arquitecto Alfredo Freixedo, é unha construción moderna cunha capacidade e características técnicas á altura dos auditorios máis emblemáticos de Galicia.
Ademáis o volume da construción organízase en dous contenedores de escala ben diferenciada; o menor que se interpón entre a sala e a rúa acolle as oficinas de xestión administrativa do propio auditorio e as aulas do Conservatorio Profesional de Música de Cangas e da Escola Municipal de Musica “Mestre Inocentes Camaño”. O contenedor maior acolle o auditorio propiamente dito e as dependencias estreitamente relacionadas con el. Conta cun gran vestíbulo principal en dobre altura e percorrido por dúas grandes escaleiras de acceso as distintas entradas das bancadas do anfiteatro. Dispón de almacéns, oficinas administrativas, catro camerinos, dous deles de grandes dimensións, unha magnifica sala de representacións e unha sala de exposicións.
Localización
Enderezo Social: Avd. de Lugo, 27  36940 Cangas.
Coordenadas de localización: 42º16’N e 8º47’ O
Contacto
Teléfonos: 986 304 108
E-mail: auditorio@cangas.gal
Horario de xestión administrativa e atención ao público: de 9:30  a 13:30 horas de martes a venres.
Auditorio Municipal de Cangas
  • Non se atoparon resultados.