Running, unha suorenta comedia De Ste Xeito. En escena, unha actriz e un actor que terán que suar a camiseta para meterse na pel de todas as personaxes desta vertixinosa comedia.
O domingo 18 de Abril, ás 19:00h, De Ste Xeito Producións presentará a súa suorenta comedia no Centro Sociocultural Mingos de Pita situado en Rúa Galicia, 16-20 do Concello de Melide. Entrada do evento será de balde. Aforo limitado. Obrigatorio uso de máscara.
Reservas dispoñibles no email reservasculturais@concellomelide.es ou no teléfono 981505003 – ext:2122. Máis información na web: Concello de Melide.
Xulia e Román acaban de coñecerse e o primeiro WhatsApp non tarda en chegar: “¿Quedamos? Veña, ¡si! ¿Pero cando?” Romeo e Xulieta tiñan as familias na contra dun amor prohibido. Xulia e Román aínda non saben se tanto se queren, pois as súas familias, as súas vidas, e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno.