Running Teatro en A Cañiza. De Ste Xeito Producións presentará o Sábado 19 de Agosto, na Casa da Cultura de A Cañiza, a súa comedia; Running, unha sudorosa comedia De Ste Xeito.
Evento con aforo limitado con entrada de balde.
Non recomendado para menores de 12 anos.
Máis información no evento de facebook.
Organizado polo Concello de A Cañiza có apoio da Xunta de Galicia, do Xacobeo 21-22 e do Agadic.
Fillas e fillos de parellas anteriores. Nais divorciadas. Avós na residencia. Adolescentes co pavo. O pequeno coa crise dos 8. Os grandes coa dos 40, coa dos 50, coa dos 60. Clases de ioga para liberar o estrés, patinaxe artístico os luns, danza jazz os martes. E ser taxista. Das fillas, dos fillos, das fillas dos demais, do pai, da nai, da avoa, dos primos. E os deberes. Os deberes da escola e o resto de deberes. Deberes e obrigas. Coidar de todo e de todos menos dun mesmo. ¿Como facer que as axendas cadren? E por outra banda: ¿de verdade quero comezar algo novo que poida supoñer máis deberes e menos pensar nun mesmo?