
- Este evento pasou.
Running Domingos de Sanamaro
23 Xaneiro 2022 | 19:00 - 20:00

RUNNING NO VI FESTIVAL DE TEATRO DOMINGOS DE SANAMARO DE MATAMÁ.
(Unha Suorenta Comedia De Ste Xeito)
- Domingo 23 de Xaneiro ás 19:00h.
- Auditorio da Sociedad Cultural Deportiva Atlantida de Matamá ubicado na Rúa dos Canteiros, 53, 36213 Vigo.
- Entrada de balde. Recomendado para público de +12 anos.
O Domingo 23 de Xaneiro De Ste Xeito Producións presentará a súa suorenta comedia no Festival de Teatro Domingos de Sanamaro de Matamá. En escena, unha actriz e un actor que terán que suar a camiseta para meterse na pel de todas as personaxes desta vertixinosa comedia.
# SINOPSE DE RUNNING
“Xulia e Román acaban de coñecerse e o primeiro WhatsApp non tarda en chegar: “¿Quedamos? Veña, ¡si! ¿Pero cando?” Romeo e Xulieta tiñan as familias na contra dun amor prohibido. Xulia e Román aínda non saben se tanto se queren, pois as súas familias, as súas vidas, e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno.”
Romeo e Xulieta tiñan as familias na contra dun amor prohibido. Xulia e Román aínda non saben se tanto se queren, pois as súas familias, as súas vidas, e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno. En escena, unha actriz e un actor que terán que suar a camiseta para meterse na pel de todas as personaxes desta vertixinosa comedia.
Running no VI Festival de Teatro Domingos de Sanamaro de Matamá.
