Loló e Mamá Teatro en Mondariz. De Ste Xeito actuará o sábado 30 de Setembro, ás 21:00h, no Auditorio Municipal de Mondariz coa súa peza, Loló e Mamá.
Loló e Mamá é a primeira peza teatral de De Ste Xeito Producións, dirixida e escrita por Esther F. Carrodeguas e interpretada por Stephy Llaryora e Pepa Barreiro. Esta proposta é unha danza teatral que grazas a un humor fino e ácido consegue facernos ver que os problemas case nunca son o que parecen, que as relacións familiares case sempre son máis difíciles do que nos gustaría e sobre todo, que o amor é unha ferramenta de dobre fío: canto máis se ama, máis desbasten os problemas, antes de curar.
Adquisición de entradas: As entradas de Loló e Mamá en Mondariz serán gratuítas con aforo limitado. Recoméndase acudir con antelación suficiente para evitar aglomeracións. Máis información no facebook do Concello de Mondariz.
Sinopse de Loló e Mamá: Margot, nai de Loló, queda no paro e decide instalarse na casa da súa filla, a un oceáno de distancia. Pero o que parecía unha idea xenial, que axudaría a xuntar a unha familia desestructurada desde sempre, rapidamente convértese nun desastre. O amor é unha arma de dobre fío: canto máis se ama, máis se sofre.