Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Loló e Mamá en Ribadavia

16 Abril 2022 | 21:00 - 22:15

Loló e Mamá

De Ste Xeito actuará o sábado 16 de Abril, ás 21:00h, no Auditorio Casa da Cultura de Ribadavia coa súa peza, Loló e Mamá.

Esta proposta é unha danza teatral que grazas a un humor fino e ácido consegue facernos ver que os problemas case nunca son o que parecen, que as relacións familiares case sempre son máis difíciles do que nos gustaría e sobre todo, que o amor é unha ferramenta de dobre fío: canto máis se ama, máis desbasten os problemas, antes de curar.

Loló e Mamá é a primeira peza teatral de De Ste Xeito Producións, dirixida e escrita por Esther F. Carrodeguas e interpretada por Stephy Llaryora e Pepa Barreiro.

Adquisición de entradas: As entradas de Loló e Mamá en ribadavia serán gratuítas con aforo limitado. Recoméndase acudir con antelación suficiente para evitar aglomeracións. Máis información: Concello de Ribadavia.

Sinopse de Loló e Mamá: Margot, nai de Loló, queda no paro e decide instalarse na casa da súa filla, a un oceáno de distancia. Pero o que parecía unha idea xenial, que axudaría a xuntar a unha familia desestructurada desde sempre, rapidamente convértese nun desastre. O amor é unha arma de dobre fío: canto máis se ama, máis se sofre.

Loló e Mamá, Unha montaña rusa de emocións

Loló e Mamá en Ribadavia

Detalles

Data:
16 Abril 2022
Hora:
21:00 - 22:15
Categoría do Evento:
Evento Etiquetas:
Páxina web:
https://www.facebook.com/events/346733950616891

Recinto

Ribadavia