Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Loló e Mamá en As Neves

19 Setembro 2021 | 18:30 - 19:30

De Ste Xeito actuará o domingo 19 de Setembro, ás 18:30h, no Auditorio Municipal das Neves coa súa peza Loló e Mamá. Esta proposta é unha danza teatral que grazas a un humor fino e ácido consegue facernos ver que as cousas case nunca son o que parecían, que as relacións familiares case sempre son máis difíciles do que nos gustaría e sobre todo, que o amor é unha ferramenta de dobre fío: canto máis se ama, máis doen as cousas, antes de curar.

Loló e Mamá é a primeira peza teatral de De Ste Xeito Producións, dirixida e escrita por Esther F. Carrodeguas e interpretada por Stephy Llaryora e Pepa Barreiro.

MODO PARA ADQUISICIÓN DE ENTRADAS: As entradas de Loló e Mamá en As Neves serán gratuitas con aforo limitado. Reservas anticipadas no email cultura@asneves.gal. Recoméndase acudir con antelación suficiente para evitar aglomeracións. Máis información: Concello das Neves.

Sinopse de Loló e Mamá Margot, nai de Loló, queda no paro e decide instalarse na casa da súa filla, a un océano de distancia. Pero o que parecía unha idea xenial, que axudaría a xuntar a unha familia desestructurada desde sempre, axiña muda en desastre. O amor é unha arma de dobre fío: canto máis se ama, máis se sofre.

Loló e Mamá, Unnha montaña rusa de emocións

 

Detalles

Data:
19 Setembro 2021
Hora:
18:30 - 19:30
Categoría do Evento:
Evento Etiquetas:
, ,
Páxina web:
https://www.facebook.com/events/379050230328568

Recinto

Auditorio Municipal das Neves
Calle José Gil, 3
As Neves, Pontevedra 36440 España
+ Google Map
Teléfono:
986648038
Ver a Páxina Web do Recinto

Protagonista

De Ste Xeito Produccións
Teléfono:
+34 660 14 74 86
Correo electrónico:
destexeitoproducciones@gmail.com
Ver a páxina web do Protagonista