Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Feminíssimas Teatro en Logroño

15 Maio 2022 | 19:00 - 20:30

Feminíssimas en Logroño. O Domingo 15 de Maio, ás 19:00 horas, a compañía galega De Ste Xeito Producións presentará por primeira vez a súa peza de humor Feminíssimas na Sala Negra Café Teatro de Logroño.

◾️ Venda en liña de entradas e máis información na web de Sala Negra.

Sinopse de Feminíssimas: Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que hai anos que non ven.Tres amigas que teñen 3 maneiras moi distintas de entender o “feminismo”… Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer.

Este é o punto de partida da creación de Esther F: Carrodeguas, Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Xavier Castiñeira. Unha peza teatral con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres analizamos -desde a comedia- de que maneira as mulleres estamos a convivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas. Unha maneira –tamén– de rirnos de nós mesmas, de nosas propias incongruencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. Un espazo –ademais– para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía. En resumo: unha comedia negra… moi violeta.

Cartel de Feminíssimas Teatro en Logroño

Feminíssimas Teatro en Logroño

Detalles

Data:
15 Maio 2022
Hora:
19:00 - 20:30
Categoría do Evento:
Evento Etiquetas:
, , , , ,
Páxina web:
https://sala-negra.com/evento/feminisimas/

Recinto

Sala Negra Café Teatro
Calle Lardero, 35
Logroño, La Rioja 26002 España
Teléfono:
941205131
Ver a Páxina Web do Recinto