Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Feminíssimas no Teatro Jofre de Ferrol

4 Marzo 2022 | 20:30 - 22:00

De Ste Xeito actuará o Venres 4 de Marzo, ás 20:30h, no Teatro Jofre do Concello de Ferrol coa súa nova comedia Violeta: Feminíssimas. Unha nova oportunidade para disfrutar da nova obra escrita por Esther F. Carrodeguas, dirixida por Xavier Castiñeira e interpretada por Stephy Llaryora, Esther F. Carrodeguas y Noelia Blanco. Unha creación colectiva coa amizade como fondo e o feminismo como forma. En resumo: unha comedia negra… moi violeta.

MODO PARA ADQUISICIÓN DE ENTRADAS: As entradas de Feminíssimas serán de balde e con aforo limitado. Evento destinado a público con máis de doce anos. Entradas anticipadas na web do Teatro Ferrol.

Sinopse de Feminíssimas: Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven. Tres amigas que teñen 3 maneiras ben distintas de entender o feminismo… feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer.¿Serías amig@ de alguén que pensa radicalmente diferente a ti?

Este é o punto de partida da creación de Esther F: Carrodeguas, Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Xavier Castiñeira. Unha peza de teatro con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres analizamos -dende a comedia- de que maneira as mulleres estamos a con-vivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas. Unha maneira –tamén– de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incongurencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. Un espazo –ademáis– para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía.

Feminíssimas no Teatro Jofre de Ferrol

Detalles

Data:
4 Marzo 2022
Hora:
20:30 - 22:00
Categoría do Evento:
Evento Etiquetas:
, , , ,

Recinto

Teatro Jofre
Praza de Galicia, s/n
Ferrol, A Coruña 15401 España
Phone
981944245
Ver a Páxina Web do Recinto