De Ste Xeito actuará o Xoves 24 de Febreiro, ás 20:00h, no Teatro Colón do Concello da Coruña coa súa nova comedia Violeta: Feminíssimas. Unha nova oportunidade para disfrutar da nova obra escrita por Esther F. Carrodeguas, dirixida por Xavier Castiñeira e interpretada por Stephy Llaryora, Esther F. Carrodeguas y Noelia Blanco. Unha creación colectiva coa amizade como fondo e o feminismo como forma. En resumo: unha comedia negra… moi violeta.
MODO PARA ADQUISICIÓN DE ENTRADAS: As entradas de Feminíssimas serán de balde e con aforo limitado. Evento destinado a público con máis de doce anos. Entradas anticipadas na web do Teatro Colón.
Sinopse de Feminíssimas: Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven. Tres amigas que teñen 3 maneiras ben distintas de entender o feminismo… feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer.¿Serías amig@ de alguén que pensa radicalmente diferente a ti?
Este é o punto de partida da creación de Esther F: Carrodeguas, Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Xavier Castiñeira. Unha peza de teatro con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres analizamos -dende a comedia- de que maneira as mulleres estamos a con-vivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas. Unha maneira –tamén– de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incongurencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. Un espazo –ademáis– para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía.