Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Feminíssimas en Monforte de Lemos

25 Marzo 2021 | 20:15 - 21:45

O xoves 25 de marzo ás 20:15 h no Edificio Multiusos terá lugar a cuarta cita co teatro para adultos dentro da programación da Rede Galega de Teatro e Auditorios do primeiro semestre de 2021 en Monforte de Lemos. O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes, sendo o aforo limitado seguindo a normativa sanitaria no momento da realización do espectáculo. A venta de entradas farase dende unha hora antes da actuación e a entrada o salón de actos realizarase media hora antes do comezo da obra.

Debido a situación sanitaria é obrigatorio o uso de máscaras, haberá que gardar a distancia de seguridade e usar a solución hidroalcohólica.

A compañía DE STE XEITO PRODUCIÓNS presenta “FEMINÍSSIMAS” obra composta por Esther F.Carrodeguas, dirixida por Xavier Castiñeira e interpretada por Stephy Llaryora, Esther F.Carrodeguas e Noelia Blanco.

Un congreso feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven. Tres maneiras ben distintas de entender o Feminismo: feminismo radical, feminismo liberal e postfeminismo. Un moderno airbnb será o espazo onde de reencontren a noite antes do Congreso.

¿Poderías ser amiga de alguén que pensa radicalmente diferente a tí?
En resumo: Unha comedia negra, moi violeta.

Detalles

Data:
25 Marzo 2021
Hora:
20:15 - 21:45
Categoría do Evento:
Evento Etiquetas:
, , , ,

Recinto

Monforte de Lemos
Monforte de Lemos, Lugo 27400 España

Protagonista

De Ste Xeito Produccións
Teléfono:
+34 660 14 74 86
Correo electrónico:
destexeitoproducciones@gmail.com
Ver a páxina web do Protagonista