De Ste Xeito actuará o Domingo 7 de Novembro, ás 19:00h no Auditorio Carmen Estévez do Concello de Vilalba coa súa nova comedia Violeta: Feminíssimas. Unha nova oportunidade para disfrutar da nova obra escrita por Esther F. Carrodeguas, dirixida por Xavier Castiñeira e interpretada por Stephy Llaryora, Esther F. Carrodeguas y Noelia Blanco. Unha creación colectiva coa amizade como fondo e o feminismo como forma. En resumo: unha comedia negra… moi violeta.
MODO PARA ADQUISICIÓN DE ENTRADAS: As entradas de Feminíssimas serán de 3,00€ por persoas e con aforo limitado. Evento destinado a público con máis de doce anos. Entradas anticipadas na web https://entradasvilalba.es/evento/outros/feminissimas ou no departamento de cultura do concello.
Sinopse de Feminíssimas: Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven. Tres amigas que teñen 3 maneiras ben distintas de entender o feminismo… feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer.¿Serías amig@ de alguén que pensa radicalmente diferente a ti?
Este é o punto de partida da creación de Esther F: Carrodeguas, Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Xavier Castiñeira. Unha peza de teatro con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres analizamos -dende a comedia- de que maneira as mulleres estamos a con-vivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas. Unha maneira –tamén– de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incongurencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. Un espazo –ademáis– para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía.