Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Feminíssimas en Utebo

26 Marzo 2022 | 19:00 - 20:30

Este Sábado 26 de marzo. ás 19,00 h. De Ste Xeito Producións presenta Feminíssimas no Teatro de Utebo (Zaragoza).
Aforo limitado según normativa vixente. Público +12anos.

Sinopsis:
Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven. Tres amigas que teñen 3 maneiras ben distintas de entender o “feminismo”… Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer.
Esta é a base de Feminíssimas, unha peza con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres analizamos -dende a comedia- de que maneira as mulleres estamos a con-vivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas.
Unha maneira –tamén- de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incongurencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria.
Un espazo –ademáis- para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía.
En resumo: unha comedia negra… moi violeta.

Feminíssimas Teatro en Utebo

Detalles

Data:
26 Marzo 2022
Hora:
19:00 - 20:30
Categoría do Evento:

Protagonista

De Ste Xeito Produccións
Phone
+34 660 14 74 86
Correo
destexeitoproducciones@gmail.com
Ver a páxina web do Protagonista