Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Feminíssimas en Ponteceso

6 Novembro 2021 | 22:30 - 23:30

De Ste Xeito actuará o Sábado 6 de Novembro, ás 22:30h, no Salon de Actos do Edificio das Escolas do Concello de Ponteceso coa súa nova comedia Violeta: Feminíssimas. Unha nova oportunidade para disfrutar da nova obra escrita por Esther F. Carrodeguas, dirixida por Xavier Castiñeira e interpretada por Stephy Llaryora, Esther F. Carrodeguas y Noelia Blanco. Unha creación colectiva coa amizade como fondo e o feminismo como forma. En resumo: unha comedia negra… moi violeta.

MODO PARA ADQUISICIÓN DE ENTRADAS: As entradas de Feminíssimas serán gratuitas con aforo limitado. Evento destinado a público con máis de doce anos. Reservas no whatsapp 630907124 ou no departamento de cultura do concello.

Sinopse de Feminíssimas Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven. Tres amigas que teñen 3 maneiras ben distintas de entender o feminismo… feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer.¿Serías amig@ de alguén que pensa radicalmente diferente a ti?

Este é o punto de partida da creación de Esther F: Carrodeguas, Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Xavier Castiñeira. Unha peza de teatro con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres analizamos -dende a comedia- de que maneira as mulleres estamos a con-vivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas. Unha maneira –tamén– de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incongurencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. Un espazo –ademáis– para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía.

Feminíssimas en Ponteceso

Feminissimas ponteceso evento

Detalles

Data:
6 Novembro 2021
Hora:
22:30 - 23:30
Categoría do Evento:
Evento Etiquetas:
, , ,
Páxina web:
https://www.facebook.com/events/415104483571877/

Protagonista

De Ste Xeito Produccións
Phone
+34 660 14 74 86
Correo
destexeitoproducciones@gmail.com
Ver a páxina web do Protagonista

Recinto

Salon de Actos do Edificio das Escolas
Rúa do Cruceiro
Ponteceso, A Coruña 15110 España
+ Google Map
Phone
981714000
Ver a Páxina Web do Recinto