Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Feminíssimas en Muros

23 Outubro 2021 | 21:00 - 22:15

De Ste Xeito actuará o sábado 23 de Outubro, ás 21:00h, no Auditorio Centro Cultural e Xuvenil de Muros coa súa nova comedia Violeta: Feminíssimas. Unha nova oportunidade para disfrutar da nova obra escrita por Esther F. Carrodeguas, dirixida por Xavier Castiñeira e interpretada por Stephy Llaryora, Esther F. Carrodeguas y Noelia Blanco. Unha creación colectiva coa amizade como fondo e o feminismo como forma. En resumo: unha comedia negra… moi violeta.

MODO PARA ADQUISICIÓN DE ENTRADAS: Se recomenda reservar por anticipado nas oficinas do centro cultural de Muros, ou no teléfono 981762294, de luns a venres, de 8:30 a 15:00 h, e tamén poden solicitarse no correo electrónico cultura@muros.es, ou ben por Internet no formulario creado polo Concello de Muros para este fin. Evento destinado a público con máis de doce anos con aforo limitado.

Sinopse de Feminíssimas Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven. Tres amigas que teñen 3 maneiras ben distintas de entender o feminismo… feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer.¿Serías amig@ de alguén que pensa radicalmente diferente a ti?

Este é o punto de partida da creación de Esther F: Carrodeguas, Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Xavier Castiñeira. Unha peza de teatro con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres analizamos -dende a comedia- de que maneira as mulleres estamos a con-vivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas. Unha maneira –tamén– de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incongurencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. Un espazo –ademáis– para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía.

Feminíssimas en Muros

feminissimas-en-muros-teatro

Detalles

Data:
23 Outubro 2021
Hora:
21:00 - 22:15
Categoría do Evento:
Evento Etiquetas:
, , , ,

Recinto

Auditorio Centro Cultural e Xuvenil
Ctra. de Miraflores, s/n
Muros, A Coruña 15250 España
+ Google Map
Teléfono:
981762294
Ver a Páxina Web do Recinto

Protagonista

De Ste Xeito Produccións
Teléfono:
+34 660 14 74 86
Correo electrónico:
destexeitoproducciones@gmail.com
Ver a páxina web do Protagonista