Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Feminíssimas en Mondariz

19 Marzo 2022 | 21:00

De Ste Xeito actuará o Sábado 19 de Marzo, ás 21:00h, no Auditorio Centro Social de Mondariz coa súa nova comedia Violeta: Feminíssimas. Unha nova oportunidade para disfrutar da nova obra escrita por Esther F. Carrodeguas, dirixida por Xavier Castiñeira e interpretada por Stephy Llaryora, Esther F. Carrodeguas y Noelia Blanco. Unha creación coa amizade como fondo e o feminismo como forma. En resumo: unha comedia negra… moi violeta.

MODO PARA ADQUISICIÓN DE ENTRADAS: Evento destinado a público con máis de doce anos. Máis información no Concello de Mondariz.

Sinopse de Feminíssimas: Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven. Tres amigas que teñen 3 maneiras ben distintas de entender o feminismo… feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer.¿Serías amig@ de alguén que pensa radicalmente diferente a ti?

Este é o punto de partida da creación de Esther F: Carrodeguas, Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Xavier Castiñeira. Unha peza de teatro con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres analizamos -dende a comedia- de que maneira as mulleres estamos a con-vivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas. Unha maneira –tamén– de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incongurencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. Un espazo –ademáis– para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía.

Feminíssimas en Mondariz

Detalles

Data:
19 Marzo 2022
Hora:
21:00
Categoría do Evento:
Evento Etiquetas:
, ,
Páxina web:
https://www.facebook.com/concellodemondariz.oficial

Recinto

Auditorio Municipal de Mondariz
Rúa Miguel Angel Blanco, 1,
Mondariz, Pontevedra 36890 España
Phone
986 66 43 06
Ver a Páxina Web do Recinto

Protagonista

De Ste Xeito Produccións
Phone
+34 660 14 74 86
Correo
destexeitoproducciones@gmail.com
Ver a páxina web do Protagonista