Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Feminíssimas en Lalín

30 Xuño 2022 | 21:15 - 22:30

De Ste Xeito actuará o Xoves 30 de Xuño, ás 21:15h, no Salón Teatro Pastor de Lalín coa súa nova comedia Violeta: Feminíssimas. Unha nova oportunidade para disfrutar da obra escrita por Esther F. Carrodeguas, dirixida por Xavier Castiñeira e interpretada por Stephy Llaryora, Esther F. Carrodeguas y Noelia Blanco. Unha orixinal creación coa amizade como fondo e o feminismo como forma. En resumo: unha comedia negra… moi violeta.

MODO PARA ADQUISICIÓN DE ENTRADAS: O prezo das entradas será de 3€ estudantes / 5€ público en xeral. As entradas, pódense recoller directamente o día da actuación, no Salón Teatro, ou tamén pódese reservar pasando polo Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa ou ben chamando o teléfono: 986784004.

Sinopse de Feminíssimas: Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven. Tres amigas que teñen 3 maneiras ben distintas de entender o feminismo… feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer.¿Serías amig@ de alguén que pensa radicalmente diferente a ti?

Este é o punto de partida da creación de Esther F: Carrodeguas, Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Xavier Castiñeira. Unha peza de teatro con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres analizamos -dende a comedia- de que maneira as mulleres estamos a con-vivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas. Unha maneira –tamén– de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incongurencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. Un espazo –ademáis– para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía.

Feminíssimas en Lalín

Detalles

Data:
30 Xuño 2022
Hora:
21:15 - 22:30
Categoría do Evento:
Evento Etiquetas:
, , ,

Recinto

Salón Teatro de Lalín
Praza do Mercado
Lalín, Pontevedra 36500 España
Phone
986784004
Ver a Páxina Web do Recinto

Protagonista

De Ste Xeito Produccións
Phone
+34 660 14 74 86
Correo
destexeitoproducciones@gmail.com
Ver a páxina web do Protagonista