Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Feminíssimas en Cangas

12 Marzo 2022 | 20:00 - 21:30

De Ste Xeito actuará o Sábado 12 de Marzo, ás 20:00h, no Auditorio Municipal do Concello de Cangas coa súa nova comedia Violeta: Feminíssimas. Unha nova oportunidade para disfrutar da nova obra escrita por Esther F. Carrodeguas, dirixida por Xavier Castiñeira e interpretada por Stephy Llaryora, Esther F. Carrodeguas y Noelia Blanco. Unha creación colectiva coa amizade como fondo e o feminismo como forma. En resumo: unha comedia negra… moi violeta.

MODO PARA ADQUISICIÓN DE ENTRADAS: As entradas de Feminíssimas tendrán un coste de 5,00€. Evento destinado a público con máis de doce anos. Entradas anticipadas na web Ataquilla.com.

Sinopse de Feminíssimas: Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven. Tres amigas que teñen 3 maneiras ben distintas de entender o feminismo… feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer.¿Serías amig@ de alguén que pensa radicalmente diferente a ti?

Este é o punto de partida da creación de Esther F: Carrodeguas, Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Xavier Castiñeira. Unha peza de teatro con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres analizamos -dende a comedia- de que maneira as mulleres estamos a con-vivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas. Unha maneira –tamén– de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incongurencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. Un espazo –ademáis– para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía.

Feminíssimas no Auditorio Municipal de Cangas

Feminíssimas en Cangas

Detalles

Data:
12 Marzo 2022
Hora:
20:00 - 21:30
Categoría do Evento:
Evento Etiquetas:
, , , ,
Páxina web:
https://auditoriomunicipaldecangas.blogspot.com/p/programacion-da-xxxii-ostra-de-teatro.html

Recinto

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 27
Cangas, Pontevedra 36940 España
Teléfono:
986 304 108
Ver a Páxina Web do Recinto