Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Feminíssimas en Arcade

25 Setembro 2021 | 21:30 - 22:30

De Ste Xeito actuará o sábado 25 de Setembro, ás 21:30h, no Auditorio Multiúsos de Arcade coa súa nova comedia Violeta: Feminíssimas. Unha nova oportunidade para disfrutar da nova obra escrita por Esther F. Carrodeguas, dirixida por Xavier Castiñeira e interpretada por Stephy Llaryora, Esther F. Carrodeguas y Noelia Blanco. Unha creación colectiva coa amizade como fondo e o feminismo como forma. En resumo: unha comedia negra… moi violeta.

MODO PARA ADQUISICIÓN DE ENTRADAS: As entradas de Feminíssimas en Arcade serán gratuitas con aforo limitado. Evento destinado a público con máis de doce anos. Máis información na web do Concello de Soutomaior.

Sinopse de Feminíssimas Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven. Tres amigas que teñen 3 maneiras ben distintas de entender o feminismo… feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer.¿Serías amig@ de alguén que pensa radicalmente diferente a ti?

Feminíssimas en Arcade

Este é o punto de partida da creación de Esther F: Carrodeguas, Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Xavier Castiñeira. Unha peza de teatro con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres analizamos -dende a comedia- de que maneira as mulleres estamos a con-vivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas. Unha maneira –tamén– de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incongurencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. Un espazo –ademáis– para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía.

Detalles

Data:
25 Setembro 2021
Hora:
21:30 - 22:30
Categoría do Evento:
Evento Etiquetas:
, , ,
Páxina web:
https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/axenda-municipal/vista-mensual/eventodetalle/2670/teatro-feminissimas

Protagonista

De Ste Xeito Produccións
Teléfono:
+34 660 14 74 86
Correo electrónico:
destexeitoproducciones@gmail.com
Ver a páxina web do Protagonista

Recinto

Auditorio Multiúsos de Arcade
Rúa do Peirao, 8
Arcade, Pontevedra 36690 España
+ Google Map
Teléfono:
986700822
Ver a Páxina Web do Recinto