
Feminíssimas en Arteixo
5 Marzo | 20:30 - 22:00

De Ste Xeito actuará o venres 5 de Marzo, ás 20:30h, no Auditorio Centro Cívico Cultural de Arteixo coa súa nova comedia Violeta: Feminíssimas. Unha creación colectiva coa amizade como fondo e o feminismo como forma.
FORMA DE ADQUISICIÓN DE ENTRADAS: O propio día da función, no mesmo auditorio, en horario de 11:30h a 13:30h e de 18:30h a 20:30h. Aforo limitado. O prezo da entrada será de 4,00€.