Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

BACKUP A resurrección de Nuno en A Coruña

3 Febreiro | 21:00 - 22:30

BACKUP A Resurrección de Nuno en A Coruña. O Venres 3 de Febreiro, ás 21:00h, De Ste Xeito Producións presentará a súa “Comedia post Mortem” no Forum Metropolitano de A Coruña. Entradas anticipadas e máis información na ligazón: Entradas de Backup.

BACKUP (A resurrección de Nuno) é unha “Comedia post Mortem” que nos amosa, a través dun humor acedo, unha posibilidade propia da ciencia ficción pero que sen embargo xa está a tocar a nosa porta na actualidade. Que sucedería se puidésemos resucitar a alguén amado? Canto tempo pasará ata que os segredos enterrados co finado saian á luz? Que cambios provocará saber toda a verdade? Serán quen de saír reforzados como familia ao aceptar as súas imperfeccións e disfuncionalidades?

◾ BACKUP A resurrección de Nuno en A Coruña. Este espectáculo conta co apoio na creación da Xunta de Galicia, Xacobeo 21-22, Agadic. e a colaboración do Concello de Vigo.

backup Forum metropolitano

# SINOPSE DE BACKUP

En pleno funeral do avó Nuno, a familia apercíbese de que o seguro contratado polo falecido, ofrece a posibilidade de resucitar dixitalmente ao finado, a través dun innovador dispositivo de Intelixencia Artificial. Mentres tanto gozarán dunha semana de fábula nun resort vacacional de alta tecnoloxía.

Inicialmente a matriarca: Sabela, decidirá o como e o cando do uso de tal dispositivo, que permite aos familiares conectarse neuronalmente a Nuno e reencarnalo. Pero pouco a pouco a resurrección de Nuno vai tomando terreo por si mesma, dando lugar a que saian á boia conflitos e segredos familiares que enfrontan a cada membro deste clan con dilemas que resolver e verdades que asimilar.

A Resurrección de Nuno e unha “Comedia post Mortem” que nos amosa, a través dun humor acedo, unha posibilidade propia da Ciencia ficción pero que sen emgargo xa está a tocar a nosa porta na actualidade. ¿Que sucedería se puidésemos resucitar a alguén amado? Canto tempo pasará ata que os segredos enterrados co finado saian á luz? Que cambios provocará saber toda a verdade? Serán quén de saír reforzados como familia ao aceptar as súas imperfeccións e disfuncionalidade?

Recinto

Forum Metropolitano
Calle Río de Monelos, 1
A Coruña, Pontevedra 15006 España
Teléfono:
981184293
Ver a Páxina Web do Recinto